Enquisa de Infraestructura e Equipamentos Locais 2005, Fase V
provincia de Lugo


Presentación

A Enquisa de Infraestructura e Equipamentos Locais (EIEL) é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do Estado e está elaborada segundo unha metodoloxía común polas deputacións provinciais, coa colaboración técnica do Ministerio de Administracións Públicas (MAP).

A finalidade da enquisa é coñecer a situación das infraestructuras e equipamentos de competencia municipal e outras administracións, formando un inventario de ámbito nacional, de carácter censal, con información precisa e sistematizada dos concellos con población inferior a 50.000 habitantes cunha periodicidade de cinco anos ata a actualidade.

A actualización e mantemento da enquisa será efectuada polas entidades que participen na súa elaboración, correspondendo ó MAP o seguimento destas tarefas e a colaboración económica nelas. Ten orixe no 1985 e vense realizando de forma quinquenal ata a actualidade, onde se plantexa a actualización continuada.

Dende a edición do ano 2000 o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela ven de colaborar coa Deputación Provincial de Lugo no traballo de implementación e actualización da enquisa para a provincia de Lugo, elaborando un inventario detallado das Infraestructuras e Equipamentos Locais dos 66 concellos da provincia (a excepción da capital) a nivel dos 2723 poboamentos - en realidade, abrangue preto de 3500 entidades de poboación recoñecidas no nomenclátor do Instituto Nacional de Estatística (INE) -, gracias o emprego de tecnoloxías de sistemas de información xeográfica e análise territorial.

A EIEL está regulada a nivel estatal de xeito máis preciso nos R.D. 835/2003, do 27 de Xuño, e na orden APU/293/2006, do 31 de Xaneiro, que están vixentes na actualidade.


   enlaces

» información socioeconómica local, Ministerio de Política Territorial (en castelán)
   http://www.map.es/documentacion/politica_local/coop_econom_local_estado_fondos_europeos/informacion_socieconomica_local.html
» Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela
   http://laborate.usc.es/
» Excma. Deputación Provincial de Lugo
   http://www.diputacionlugo.org/
» listado de elementos inventariables da EIEL 2005
   http://sit.lugo.usc.es/drupal/?q=node/54
» Real Decreto 835/2003, do 27 de Xuño (en formato PDF)
   http://www.boe.es/boe/dias/2003/07/12/pdfs/A27352-27359.pdf
» orden APU/293/2006 (en formato PDF)
   http://www.boe.es/boe/dias/2006/02/11/pdfs/A05471-05541.pdf
» nomenclátor do Instituto Galego de Estatística de entidades singulares de poboación
   http://www.ige.eu/nomenclator/nomenclator.jsp
» visor SIXPAC (precisa ter instalado o plugin para Flash)
   http://sigpac.mapa.es/fega/visor/