IDEAL, a Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense.

Benvidos a IDEAL, a Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense.

A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense ofrece información xeo-referenciada da provincia de Lugo a partires dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).

A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais segundo unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial.

Nesta páxina web poderá descargar a información das edicións da EIEL para a provincia de Lugo dende o ano 1995 ata o 2012, ambas inclusive.

Tamén poderá acceder ós servizos Web Map Service e Web Feature Service que ofrecen a información da EIEL - ava abastecimentos, saneamentos ou equipamentos municipais como centros de saúde ou instalacións deportivas - xeo-referenciada. Esta información ten, ademais, metadatos asociados que poderá consultar e descargar.

Outro dos servizos dispoñible é un visor de mapas interactivo no que poderá visualizar a devandita información. O único que precisa para utilizar o visor de mapas é un navegador - Chrome, Firefox, Internet Explorer - recente.

Por último, ofrecemos un servizo de nomenclátor que permite a busca de máis de 9.400 entidades singulares espalladas por toda a provincia de Lugo, agás o municipio de Lugo. Para cada entidade singular atopada danse datos como o seu código INE ou coordenadas que permiten ubicala xeográficamente.

código QR