IdeaLugo, a Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense.

Benvidos a IdeaLugo, a Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense.

A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense ofrece información xeo-referenciada da provincia de Lugo a partires dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).

A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais segundo unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de la Presidencia y para las Administraciones Territoriales.

Nesta páxina web poderá descargar a información das edicións da EIEL para a provincia de Lugo dende o ano 1995 ata o 2015, ambas inclusive.

Tamén poderá acceder ós servizos Web Map Service (WMS) e Web Feature Service (WFS). Os servizos WMS e WFS ofrecen datos xeo-referenciados da EIEL, entre outros abastecementos, saneamentos ou equipamentos municipais como centros de saúde ou instalacións deportivas.

Outro dos servizos dispoñible é un visor de mapas interactivo no que poderá visualizar os devanditos datos. O único que precisa para utilizar este visor de mapas é un navegador - Chrome, Firefox, Internet Explorer - recente.

Por último, ofrecemos un servizo de nomenclátor que permite a busca de preto de 9.800 poboamentos espallados por toda a provincia de Lugo. Para cada poboamento atopado danse datos relativos a súa ubicación, coordenadas que permiten ubicalo xeográficamente e un acceso directo ó visor de mapas no que é amosado.