Servizo Web Map Service.

Un servizo Web Map Service (WMS) produce mapas de datos xeo-referenciados a partires de información xeográfica.

Este standard define un "mapa" como unha representación da información xeográfica en forma de arquivo de imaxen dixital axeitada para ser amosada nunha pantalla de ordenador ou aparello similar.

O noso servizo WMS prorporciona datos de fenómenos como abastecemento e saneamento de augas, estradas de titularidade municipal, provincial, autonómica e estatal o alumbrado público, por mencionar uns poucos. Actualmente os datos dispoñibles son os correspondentes ás edicións da EIEL dos anos 2010 e 2011.



URL: http://www.idealugo.es/idealugo-sdi/wms?service=wms&version=1.1.1

código QR