está vostede en:
páxina de inicio

Enquisa de Infraestrutura e
Equipamentos Locais
da provincia de Lugo, edición fase 2009

Presentación

A Enquisa de Infraestructura e Equipamentos Locais (EIEL) é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais segundo unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial (MPT).

A finalidade da Enquisa é coñecer a situación das infraestructuras e equipamentos de competencia municipal e outras administracións, formando un inventario de ámbito nacional, de carácter censal, con información precisa e sistematizada dos concellos con población inferior a 50.000 habitantes.

A actualización e mantemento da Enquisa é efectuada polas entidades que participan na súa elaboración, correspondendo ó MPT o seguimento destas tarefas e a colaboración económica nelas. Ten a súa orixe no ano 1985 e veuse realizando de forma quinquenal ata a edición do 2005, sendo a actualización da Enquisa anual a partires da edición do 2008.

Dende a edición do 2000 o Laboratorio do Territorio da universidade de Santiago de Compostela vén de colaborar coa Deputación Provincial de Lugo no traballo de implementación e actualización da Enquisa para a provincia de Lugo, elaborando un inventario detallado das infraestruturas e equipamentos locais de tódolos concellos agás o da capital da provincia (en total 66 concellos). A Enquisa abrangue 2.723 poboamentos, que en realidade son preto de 3.500 entidades de poboación recoñecidas no nomenclátor do Instituto Nacional de Estatística (INE). Na elaboración da Enquisa fíxose un uso intensivo de tecnoloxías de Sistemas de Información Xeográfica e Análise Territorial.

A EIEL está regulada a nivel estatal de xeito máis preciso no R.D. 835/2003, do 27 de Xuño, e na orden APU/293/2006, do 31 de Xaneiro, ambos en vigor na actualidade.