O proxecto e+s Miño

O proxecto e+s Miño está financiado polo Programa Empleaverde da Fundacion Biodiversidad para promover o aproveitamento sostible dos recursos naturais, a mellora do emprego, e favorecer a creacion de empresas vinculadas aos recursos locais e a modernizacion ambiental das empresas existentes.

Obxectivos

O Proxecto e+s miño busca promover a formacion ambiental dos traballadores, incrementando as súas competencias e cualificacion, promovendo a incorporacion da sostibilidade na empresa e a adaptacion das actividades economicas á normativa ambiental, así como detectar novas oportunidades de negocio ligadas á conservacion e valorizacion do medio.

Destinatarios

Traballadores por conta allea, profesionais autonomos, empresarios, traballadores de asociacions, fundacions e ONGs residentes nos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño: A Pastoriza, Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, O Corgo, O Páramo, O Valadouro, Ourol, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Riotorto, Vilalba e Xermade.

Excepto empregados públicos.
 

Período de actividades

Outubro de 2009 a Maio de 2011

Organizadores

Universidade de Santiago de Compostela en colaboracion coa Consellería de Traballo e Benestar, e o Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá.