Curso Os sistemas de información xeográfica aplicados á xestión dos recursos naturais
Obxectivos
Coñecer os últimos avances no manexo da información xeográfica e dos sistemas de información xeográfica así como as distintas tecnoloxías de captura da información xeográfica.
Destinatarios
Traballadores, profesionais autónomos, empresarios, agricultores, e gandeiros dos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Programa
- Que é a información xeográfica?
- Modelos de representación da información xeográfica
- As capacidades dos SIX: da produción de cartografía ao modelado
- En que consiste a análise da información xeográfica?
- Entorno operativo e de traballo con Idrisi
- Que é modelar o territorio con información xeográfica?
- Entorno operativo e de traballo con gvSIG
- Oportunidades e limitacións dos SIX de software libre
- As infraestruturas de datos espaciais (IDE) como sistema de información para a xestión do territorio
- Os inventarios de datos xeográficos
- Entorno operativo e de traballo con Geomedia
- A Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL)
- Os servizos xeográficos na web (SIXWeb): visores e estándares
- O estudio e inventario do patrimonio no caso das vías atlánticas
- Inventario da rede viaria municipal de Lugo
- Entorno operativo e de traballo con ArcGis
- A aplicación no planeamento urbanístico e municipal
- O Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) como apoio para a mobilidade da propiedade da terra
- O Sistema de Información Territorial e da Biodiversidade de Galicia (SITEB). O acceso á información ambiental sobre espacios e especies protexidas en Galicia
- As tecnoloxías de toma de datos e captura da información xeográfica
- Teledetección e fotografía aérea
- Os sistemas LiDAR
- Aplicación de Laser scanner para o inventario do patrimonio
- A utilización da estación total para a actualización da cartografía
- A utilización do xeorradar na prospeción subterránea
- A utilización da cámara-GPS para a toma de imaxes xeorreferenciadas
Matrícula gratuita
Datas: 10-11-12 e 17-18-19 de decembro
Horas: 16:00 a 21:00 xoves e venres, e de 9:00 a 14:00 os sábados
Duración: 30 horas
Lugar: Edificio CACTUS, Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo