Curso Innovación e iniciativas dinamizadoras en Reservas da Biosfera

Obxectivos
Formar aos traballadores/as sobre os usos actuais e potenciais dos recursos naturais e culturais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, visibilizar as potencialidades que ofrece e aproveitar o patrimonio cultural como unha oportunidade para a creación de emprego.

Destinatarios Traballadores, profesionais autónomos, empresarios, agricultores, e gandeiros dos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Programa

  • A biodiversidade, declaración dun espazo como Reserva da Biosfera
    • Definición de biodiversidade
    • Concepto de Reserva da Biosfera
    • 2010, Ano Internacional da Biodiversidade
  • Terras do Miño, a Reserva da Biosfera
    • Principais características
    • Concellos que integran a Reserva
    • Espazos singulares 
  • Desenvolvemento da Terra Chá e planificación sostible nunha Reserva da Biosfera
    • O papel do turismo como motor económico
    • O concepto de desenvolvemento sostible, a importancia da planificación
    • O coñecemento do destino
    • O desenvolvemento turístico dun espazo natural protexido
    • O marketing social
  • Os axentes territoriais nun espazo natural protexido
    • Os principais axentes territoriais
    • A importancia da colaboración público-privada
    • O nivel formativo dos axentes implicados
  • Un espazo natural protexido: creador e xerador de emprego e riqueza
    • A oferta de aloxamentos
    • A oferta complementaria: a restauración e o sector comercial
    • Empresas de turismo activo, verdadeiros dinamizadores dos espazos naturais protexidos
    • A importancia da estrutura informativa
    • A importancia do sector público: adaptación do medio para a visita turística sostible
    • O destino como un sistema integral
  • A planificación sostible: coñecemento das necesidades do mercado
    • As novas tendencias da demanda do século XXI
    • Metodoloxía para coñecer o mercado
    • Organismos para a xestión sostible do territorio

Matrícula gratuita

Datas: 1-2-3 e 8-9-10 de marzo

Horas:
Días 1 e 8 de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Días 2,3,9 e 10 de 16:30 a 20:30 

Duración: 30 horas

Lugar: Cospeito e Abadín; Lugo