está vostede en e + s Miño » IDE » servizos OGC

Infraestrutura de Datos Espaciais do proxecto e + s Miño

Unha das accións do proxecto e + s Miño é a creación dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE), que está dispoñible ó publico en xeral sen ningún tipo de restricción.

A IDE do proxecto e + s Miño consiste en:

Servizo OGC Web Map Service

Un servizo Web Map Service definido polo Open Geospatial Consortium (OGC) produce mapas de datos xeo-referenciados a partires de información xeográfica. Este standard define un "mapa" como unha representación da información xeográfica en forma de arquivo de imaxen dixital axeitada para ser amosada nunha pantalla de ordenador. Os mapas producidos por un servizo WMS xéranse habitualmente nun formato de imaxe raster como PNG, GIF ou JPEG.

O servizo WMS da IDE do proxecto e + s Miño está dispoñible en http://www.idealugo.es/esmino/ide/wms?service=WMS.

Servizo OGC Web Feature Service

Un servizo Web Feature Service definido polo Open Geospatial Consortium (OGC) ofrece unha interfaz que permite facer consultas de fenómenos (features) xeográficos, que opcionalmente, poden ser editados ou analizados espacialmente. Os fenómenos xeográficos poden verse como o "código fonte" dun mapa. A información transmítese utilizando o formato Geography Markup Language (GML), que é de natureza vectorial e está baseado en XML.

O servizo WFS da IDE do proxecto e + s Miño está dispoñible en http://www.idealugo.es/esmino/ide/wfs?service=WFS.

Visor de mapas interactivo

O visor de mapas interactivo permite que os usuarios podan ver con comodidade un mapa que abrangue a área da reserva da biosfera Terras de Miño. O seu uso é intuitivo e permite facer operacións como aumentar ou reducir o zoom, mostrar ou ocultar as distintas capas, consultar a información asociada a estas...

captura pantalla visor mapas e + s Miño

Outra característica salientable deste visor é que non precisa da instalación de plugins como Flash, applets Java, Silverlight, JavaFX...

O visor de mapas está dispoñible en http://www.idealugo.es/esmino/ide/visor-mapa.html.

O sistema mínimo recomendado é un PC con procesador Intel Pentium 4 a 1GHz e 1GB de memoria RAM. Como navegador, o visor foi probado en Internet Explorer 7 e versións superiores, Firefox 3 e versións superiores e Chrome 5 e versións superiores.