Reserva da biosfera Terras do Miño
A Reserva foi recoñecida pola UNESCO en 2002 como exemplo de desenvolvemento económico sostible, de conservación dos valores ambientais asociados á auga e ós ecosistemas de ribeira, así como dun espazo para a educación ambiental e a investigación. Este recoñecemento é unha demostración do patrimonio natural, histórico e cultural na área de Terras do Miño e da cooperación dos axentes políticos, económicos e sociais.
Os concellos integrantes da reserva son: A Pastoriza, Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, O Corgo, O Páramo, O Valadouro, Ourol, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Riotorto, Vilalba, e Xermade.
